domingo, 3 de febrero de 2019

DIA DA PAZ

Para conmemorar o día da Paz, decoramos o pasillo con pombas cheas de mesaxes de cordialidade, bos desexos e bo comportamento,...pero non só para este 30 de xaneiro, senón para todos os días do ano.








SAÍDA AO MUNCYT

O martes 29 de xaneiro, 3ºA, 3ºB e 3ºD foron ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña e ao día seguinte, acudiron 3ºC e 3ºE.
Alí, guiados por monitores descubriron dous robots chamados Pepexán e Marilú; unha lanterna do faro da Torre de Hércules; unha locomotora antiga; uns proxectores de cine dos anos 60; un SEAT 600 do ano 1965; e moitas cousas máis,...Pero o que máis lles gustou foi entrar na cabina do BOEING 747, Lope de Vega, tamén coñecido como JUMBO, polo seu gran tamaño ou ver as caixas "negras" dos avións, que en ralidade son de cor laranxa-vermella.
Todos coincidiron en valorar a visita como algo moi positivo...
















EXPOSICIÓN DOS RESULTADOS DO PDI "EXPLORADORES DOS   LÍMITES DA TERRA"