domingo, 3 de febrero de 2019

SAÍDA AO MUNCYT

O martes 29 de xaneiro, 3ºA, 3ºB e 3ºD foron ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña e ao día seguinte, acudiron 3ºC e 3ºE.
Alí, guiados por monitores descubriron dous robots chamados Pepexán e Marilú; unha lanterna do faro da Torre de Hércules; unha locomotora antiga; uns proxectores de cine dos anos 60; un SEAT 600 do ano 1965; e moitas cousas máis,...Pero o que máis lles gustou foi entrar na cabina do BOEING 747, Lope de Vega, tamén coñecido como JUMBO, polo seu gran tamaño ou ver as caixas "negras" dos avións, que en ralidade son de cor laranxa-vermella.
Todos coincidiron en valorar a visita como algo moi positivo...
















No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXPOSICIÓN DOS RESULTADOS DO PDI "EXPLORADORES DOS   LÍMITES DA TERRA"